Empresa 2 Clientes 2 Soluciones 2 Servicios2 Descargas 2 Asistencia Técnica 1
         



Dirección

C/Quintela n: 27, Portal 2 Local 5
36210 Vigo (Pontevedra)




Teléfono

986 37 87 61



FAX

986 91 25 28



Correo electrónico

galitec@galitecconsultores.com

 

1
¿Problemas técnicos?              
2
Solicita nuestro soporte accediendo a nuestra aplicación para solución
de incidencias.

 


Novedades

Subvención para a adquisición de ordenadores persoais para traballadores autónomos

Beneficiarios.

Traballadores autónomos con residencia na Comunidade Autónoma de Galicia, agás determinadas categorías de autónomos do comercio retallista.

Plazo e lugar de solicitude:

Comeza o 1 de xullo e manterase ata que a Xunta de Galicia esgote o orzamento de 1 millón de euros dispoñible para o ano 2009.

As solicitudes tramítanse exclusivamente a través das empresas colaboradoras, como GALITEC CONSULTORES INFORMÁTICOS, S.L.

Investimentos subvencionables e non subvencionables.

  • Adquisición dun ordenador persoal portátil ou de sobremesa.
  • O ordenador deberá incluír o sistema operativo Linux.
  • O ordenador deberá dispor de navegador de Internet en software libre tipo Mozilla Firefox versión 2.0 ou superior.
  • O ordenador deberá dispor de paquete ofimático en software libre tipo OpenOffice versión 2.0 ou superior.
  • No caso de ordenadores de sobremesa poderán estar incluídos os periféricos de usuario necesarios (pantalla, teclado e rato).
  • Non se considera subvencionable a adquisición de licenzas de software adicionais á subministración básica do ordenador persoal, outros periféricos (por exemplo: impresoras, discos externos, etc), ou outro tipo de terminais (axendas electrónicas, tablet PC, teléfonos móbiles, etc).

 

Intensidade da axuda.

  • A axuda acadará o 45 % do investimento subvencionable, cun límite máximo de 350 € para cada solicitante.
  • O investimento subvencionable determínase aplicando a porcentaxe de axuda sobre a base impoñible, excluíndo o IVE correspondente, que deberá ser aboado na súa totalidade polo beneficiario.

 

Documentación que deberán de presentar os traballadores autónomos.

  • Fotocopia do DNI ou NIE, en vigor, no que deberá constar o enderezo dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Fotocopia de documento de pago mensual á Seguridade Social do mes anterior á solicitude, do Réxime Especial de Traballadores Autónomos. (Fotocopia do último TC1 pagado).
  • Tamén deberá identificar o autónomo o epígrafe do IAE no que se atopa inscrito para a súa actividade económica. Posteriormente deberá asinar unha declaración na que se responsabiliza da veracidade dos datos e autoriza á Consellería á verificación de ditos datos tributarios.

 

Pode obter máis información na seguinte dirección:

Teléfono: 986 37 87 61 – Fax: 986 91 25 28